xoves, 20 de febreiro de 2014

Horario de Educación Física

Con motivo de recordar o horario das sesións de E.F do CEIP Pino de Val para este curso 2013/14, publico o horario e así ter un referente á hora de traer a camiseta para mudarse e a roupa deportiva.


LIM sobre fútbol sala

O alumnado de terceiro ciclo está traballando na unidade didáctica de iniciación a fútbol sala. Para completar esta información adxunto un LIm sobre aspectos de interese deste deporte. Probádeo, será de interese!
http://www.juntadeandalucia.es/averroes/centros-tic/11005548/helvia/aula/archivos/repositorio//0/33/html/index.html

xoves, 13 de febreiro de 2014

Videos das sesións de E.F

Mostrarei uns vídeos que conteñen extractos de algunhas sesisón de educación física deste curso 2013/14. En concreto pertencen a diferentes unidades didácticas segundo o ciclo que se correspondan:

Infantil: UD Motricidade, Circuito de psicomotricidade completo.
3º ciclo: UD Atlestismo,  sesión 4, salto de altura.
MOV 0164 from Ismael Priegue Mayo on Vimeo.

MOV 0166 from Ismael Priegue Mayo on Vimeo.

xoves, 6 de febreiro de 2014

A programación de 2º ciclo!

A programación de 2º ciclo para a área de Educación Física no CEIP Plurilingüe Pino de Val (sen as sesións), así como se estructuran en base a obxectivos, contidos e cales son os criterios de avaliación (todo iso variable segundo o contexto situacional do centro en cada momento).


Vídeos de sesións de 1º ciclo.

Mostrarei uns vídeos que conteñen extractos de algunhas sesisón de educación física deste curso 2013/14. En concreto pertencen a diferentes unidades didácticas segundo o ciclo que se correspondan:
1º ciclo: UD Desprazamentos, sesión 6 ,circuito de trepas, cuadrepedias, reptar...

Próximamante tocaralle ao terceiro ciclo e a Infantil:
Infantil: UD Motricidade, Circuito de psicomotricidade completo.
3º ciclo: UD Atlestismo,  sesión 4, salto de altura.


Desprazamentos 2º from Ismael Priegue Mayo on Vimeo.

MOV 0176 from Ismael Priegue Mayo on Vimeo.

Campo a través en Bembibre


O pasado venres 24 de xaneiro fomos a Bembibre disputar unha proba de campo a través. Participamos nas categorías benxamín, alevín  e infantís tanto no xénero masculino como femenino.
Un total de 14 atletas e un mestre nos despazamos alá, disfrutando dunha proba moi ben organizada e con tódolos servicios necesarios.
A experiencia foi moi positiva a tódolos niveis, aínda que non se clasificase ninguén para a fase comarcal que se disputará en Noia o vindeiro venres día 7 de febreiro no circuito de San Lázaro.