DEPORTES ESCOLARES

SÁBADO 22 MARZO
 Este sábado día 22 de marzo imos participar nas probas da fase intercomarcal de atletismo, dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia. A competición disputarase en Santiago, nas pistas da universidade, a partires das 10 da mañán ata as 14 hrs. O CEIP Pino de Val compite con 11 atletas, todos eles das categorías benxamín, alevín e infantil. No tocante as disciplinas deportivas que prefiren os nen@s están: os 50 m.l, o salto de lonxitude e o lanzamento de peso.


XOVES 20 FEBREIRO 2014
Nesta sección debe figurar o enlace do blog de as rias, onde se publico todo o relativo ao deporte escolar, é dicir, resultados, competicións, anuncios, fotos de todos os deportes escolares. Maiormente traballa coa zona do Barbanza e comarca do Xallas, pero abarca moito máis.

 
XOVES 6 FEBREIRO 2014
O pasado venres 24 de xaneiro fomos a Bembibre disputar unha proba de campo a través. Participamos nas categorías benxamín, alevín  e infantís tanto no xénero masculino como femenino.
Un total de 14 atletas e un mestre nos despazamos alá, disfrutando dunha proba moi ben organizada e con tódolos servicios necesarios.
A experiencia foi moi positiva a tódolos niveis.


























Ningún comentario:

Publicar un comentario

Non cometer faltas de ortografía, por favor!