xoves, 20 de marzo de 2014

FASE INTERCOMARCAL DE ATLETISMO

Este sábado día 22 de marzo imos participar nas probas da fase intercomarcal de atletismo, dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia. A competición disputarase en Santiago, nas pistas da universidade, a partires das 10 da mañán ata as 14 hrs. O CEIP Pino de Val compite con 11 atletas, todos eles das categorías benxamín, alevín e infantil. No tocante as disciplinas deportivas que prefiren os nen@s están: os 50 m.l, o salto de lonxitude e o lanzamento de peso.
 Noutra ocasión informaremos dos resultados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Non cometer faltas de ortografía, por favor!