mércores, 4 de xuño de 2014

TECNOLOXÍA CONTRA RESTO DO MUNDO

Tremenda reportaxe sobre a tecnoloxía e as redes socias que lonxe de acercarnos e facernos máis amigos, provoca un distanciamento, unha conducta asocial e ser uns introvertidos. Trocamos calquera conversa oral por unha escrita, iso de dar apertas e mirar aos ollos quedou fóra de xogo...

xoves, 15 de maio de 2014

Ranking Coruña de Atletismo

Resultados das mellores marcas en atletismo na provincia da Coruña (Xogade).
Disputáronse 3 xornadas, das que o CEIP Pino de Val acudiu a unha.
Os 16 primeiros de cada proba están clasificados para o campionato provincial que se disputará na Puebla, o 24 de maio.

xoves, 20 de marzo de 2014

Partido de profes contra alumn@s

VIDEO PROFES-NENOS from Ismael Priegue Mayo on Vimeo.

FASE INTERCOMARCAL DE ATLETISMO

Este sábado día 22 de marzo imos participar nas probas da fase intercomarcal de atletismo, dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia. A competición disputarase en Santiago, nas pistas da universidade, a partires das 10 da mañán ata as 14 hrs. O CEIP Pino de Val compite con 11 atletas, todos eles das categorías benxamín, alevín e infantil. No tocante as disciplinas deportivas que prefiren os nen@s están: os 50 m.l, o salto de lonxitude e o lanzamento de peso.
 Noutra ocasión informaremos dos resultados.

PRESENTACIÓN DE VOLEY